O venres 28 de maio de 2021 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Expediente 378/2021. Aprobación da acta da sesión anterior nº2 ordinaria do Pleno de 26-03-2021.
- Expediente 257/2021. Ratificación do Decreto de Alcaldía de solicitude de axudas en relación o Decreto 99/2012 de 16 de marzo 2012 polo que se regulan os Servizos Sociais e o seu financiamento.
- Dación de contas. Decretos de Alcaldía dende 23-03-2021 a 25-05-2021.
- Dación de contas. Período Medio de Pago 1º Trimestre 2021.
- Dación de contas. Solicitudes e Concesión Plan Concellos 2018-2019 (Anualidade 2019).
- Dación de contas. Solicitudes Plan Concellos 2021 Liña 1.
- Dación de contas. Liquidación do orzamento 2020.
- Dación de contas. Informe de intervención sobre as resolucións adoptadas polo Presidente da Corporación contrarias a reparos no ano 2020.
- Dación de contas. Informe resume anual sobre o control interno no ano 2020.
- Rogos e preguntas.