En 2015 aprobouse por unanimidade unha moción do BNG para construír en 2016 unha pista polideportiva en Briallos.
O PP votou a favor pero non cumpriu o acordo, non por falta de cartos,
porque si tiveron 160.000 € para dúas pistas de pádel na Azucreira,
senón porque sempre consideraron que o tamaño (e os votos) de Briallos non
xustifican a inversión. Xa o dicía Víctor Estévez: “que os rapaces de Briallos
vaian xogar a Portas, como fixemos toda a vida”.
Un mes antes das eleccións municipais de 2023 o PP anunciou a construción dunha
pista polideportiva en Briallos do tamaño dunha cancha de baloncesto (28 m por
15 m) e cunha baranda perimetral de cores. Esta é a foto na propaganda de
campaña do PP:
Pasadas as eleccións, a gaiola (13.5 m por 7 m) que acaban de construír
xunto ao Albergue non chega nin á metade de tamaño do prometido (unha cancha de
tamaño oficial é de 28 m por 15 m), pechada por unha reixa de 2 metros de
altura e unha porta con pechadura:
Se non é un engano deliberado, paréceo!
A comparación é simple, na imaxe o rectángulo verde representa a pista a
escala construída en Briallos, e o rectángulo en branco e negro unha cancha de
tamaño oficial.
Tema aparte é o lucrativo e escandaloso NEGOCIO da obra adxudicada a dedo
por 48.397,47 € (ver noticia no Facebook do Concello). Se o orzamento fose 2,53 € superior, a
obra tería que ser unha licitación aberta e calquera empresa podería
presentarse. Casualidade?
Máis de 40.000 € nunha lousa de formigón de 128 m2, unhas vaias
de 48 m de longo e 2 m de alto, máis dúas porterías-canastras. NEGOCIO redondo
ou roubo consentido?
Na imaxe de abaixo podedes ver os prezos do catálogo comercial de 2023 da
empresa cántabra Manufacturas Deportivas (ver páxina 13). É só un exemplo atopado
por internet. Pistas multideporte de maior calidade e moito máis grandes que a
construída en Briallos, pero moito máis baratas. Como é posible?
Segundo o proxecto da obra, só as dúas porterías-canastras teñen un custe
de 16.659 €!!!!
Se quixésemos mercar exactamente as mesmas porterías-canastras que as
colocadas en Briallos podemos atopalas por internet en moitas empresas
españolas tres veces máis baratas. Por exemplo:
Por 2.574,90€ en www.MundoSilbato.es.
Por 3.261,37€ en AlserEsport.com.
Por 3.381,89€ en Cartabon.com.
Por 2.505,08€ en EboneFit.com.
Por 3.907,21€ en AlmacenesNorte.es.
Como é posible que as porterías-canastras de Briallos sexan TRES VECES máis
caras que as mesmas compradas en calquera empresa do sector??? Quen se está
facendo de ouro con este NEGOCIO???
Por riba, fan unha pista deportiva pero péchana con chave, así que os
rapaces xa tiveron que rebentar a reixa detrás dunha portería para poder entrar
a xogar...