29 de nov. de 2024

Convocatoria da Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

O martes 3 de decembro ás 9:20 h. celebrarase unha reunión extraordinaria da Comisión de Urbanismo (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Aprobación da acta da sesión anterior CIUOSVSMA/2024/2 do 19/07/2024.
  2. Expediente 361/2024. Proposta de mutación demanial obxectiva/adscripción dunha superficie de 10.057 m2 da parcela con referencia catastral 36040A308000340000OM con destino á instalación dunha base integral de unidade operativa (BUO) no concello de Portas.
  3. Expediente 590/2024. Rectificación do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Portas no que respecta á descrición de lindeiros e superficie da parcela inventariada coa orde de inventario 187 e orde de grupo 0104130024, nomeada Eiravella.
  4. Expediente 681/2024. Alteración cualificación xurídica do predio con referencia catastral 36040A002000038 afectación ao servizo público.


Convocatoria Comisión de Cultura, Deporte, Educación, Turismo, Igualdade, Benestar Social, Emprego e Xuventude

O martes 3 de decembro ás 9:10 h. celebrarase unha reunión extraordinaria da Comisión de Cultura (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CICDETIBSE/2024/3 de 18/10/2024.
  2. Expediente 636/2024. Aprobación da primeira modificación do organigrama e Relación de postos de traballo do Concello de Portas.


Convocatoria Comisión Especial de Contas

O martes 3 de decembro ás 9:00 h. celebrarase unha reunión extraordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CEC/2024/5 de 18/10/2024.
  2. Expediente 641/2024. Aprobación do Orzamento para o exercicio 2025.