Fotografía tomada o 24 de abril de 2011 en Romai. |
A situación da recollida do lixo no Concello de Portas é lamentable. Na galería de fotografías pódese observar que ducias de colectores en todas as parroquias están desbordados, provocando que as bolsas se acumulen polo chan, que os cans soltos as rompan e que o lixo se espalle pola zona, producindo malos cheiros e un serio problema sanitario. Os servizos públicos en Portas, ou non existen, ou non funcionan:
- O servizo de recollida de lixo non funciona.
- O saneamento non existe.
- A traída municipal subministra auga non potable, cando funciona.
- A xestión urbanística non existe.
- O control económico non existe.
Para o Partido Popular os servizos públicos non son unha prioridade e malgasta os escasos recursos do concello nunha piscina climatizada ou nun miradoiro nunha cheminea.
Para o Partido Popular os servizos públicos non son unha prioridade e malgasta os escasos recursos do concello nunha piscina climatizada ou nun miradoiro nunha cheminea.
O BNG comprométese a crear unha carteira de servizos públicos universais, eficaces e fiables, e comprométese a profesionalizar estes servizos públicos para garantir que realmente sexan PÚBLICOS e de CALIDADE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario