Escrito do Alcalde á Presidenta da Asoc. Cult. Xosefina Figueroa Pinchar para ampliar |
27 de xul. de 2011
O BNG non é responsable da colocación da "Estreleira" no Centro Cultural de Romai
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
13 de xul. de 2011
Pleno extraordinario
O venres 15 de xullo ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación da acta da sesión anterior.
2. Solicitude de iniciación do procedemento de valoración catastral de carácter xeral polo Concello.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
9 de xul. de 2011
Soldo do Alcalde de Portas
- Os plenos ordinarios celebraranse cada 2 meses, o último venres hábil dos meses pares ás 14:50 h.
- O Alcalde terá unha dedicación exclusiva e cobrará 40.886€/anuais en 14 pagas.
- Creouse a Xunta de Goberno Local composta exclusivamente por membros do Partido Popular (o Alcalde e tres Tenentes de Alcalde), e polo tanto, sen representación dos grupos da oposición.
- Delegáronse na Xunta de Goberno a meirande parte das competencias do Pleno da Corporación.
O BNG de Portas considera que:
- O horario dos plenos é totalmente inadecuado pois impide de forma efectiva que os veciños e veciñas poidan asistir a eles. O BNG propuxo que os plenos se celebrasen ás 20:00h no verán e ás 19:00h no inverno pero a súa proposta foi rexeitada polo PP.
- O Alcalde debe ter dedicación exclusiva para traballar no concello e, fuxindo da demagoxia, debe ter un salario acorde ás súas obrigas e responsabilidades. Sen embargo, opoñémonos totalmente a que o salario do Alcalde de Portas sexa superior ao de alcaldes de concellos próximos moito máis grandes (Caldas de Reis, PSOE, 10.300 habitantes, 40.700€/anuais) (Cuntis, PP, 5.171 habitantes, 35.000€/anuais) (Moraña, PP, 4.274 habitantes, 33.000€/anuais).
- Excluír á oposición da Xunta de Goberno Local, aínda que legal, é unha manobra do Partido Popular para impedir que o BNG poida desempeñar o seu labor de oposición.
- O obxectivo do PP ao delegar case todas as competencias do Pleno na Xunta de Goberno é baleirar de contido os Plenos da Corporación, unha vez máis para limitar o traballo de oposición do BNG.
A estratexia do Partido Popular é limitar por todos os medios o traballo de oposición do BNG.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
5 de xul. de 2011
Pleno extraordinario
O venres 8 de xullo ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación da acta de constitución da corporación do 11 de xuño.
2. Periodicidade das sesións do pleno.
3. Coñecemento de constitución dos grupos políticos municipais e de designación dos seus voceiros.
4. Creación e composición das comisións informativas permanentes.
5. Nomeamento dos representantes da corporación en órganos colexiados.
6. Coñecementos das resolucións da Alcaldía sobre o nomeamento dos Tenentes de Alcalde.
7. Proposta de designación de concelleiros representantes das distintas áreas.
8. Proposta de creación da Xunta de Goberno Local.
9. Proposta de recoñecemento de dedicación exclusiva, e fixación de indemnización aos concelleiros.
10. Delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local.
Publicado por BNG Portas ás 13:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas