As ameazas do Alcalde de Portas non nos amedrantan
Onte 26 de xullo, apareceu colocada unha “estreleira” (bandeira galega cunha estrela vermella) na fachada do Centro Cultural de Romai. O Alcalde de Portas responsabilizou ao BNG da colocación.
Sen embargo, nin o BNG de Portas nin ningún dos seus membros son responsables deste suceso.
O Alcalde de Portas mostrando a súa infinita ignorancia confunde a “estreleira” cunha bandeira do BNG. Igual que a bandeira española non pertence ao Partido Popular, a “estreleira” é un símbolo que supera o ámbito dun simple partido político.
O Alcalde de Portas actúa irresponsablemente cando acusa SEN PROBAS, pero ademais minte porque asegura que a bandeira estivo na fachada do Local Social durante a celebración da “35ª Festa do Viño de Romai” o cal é absolutamente falso. A bandeira apareceu colocada o martes 26 de xullo, mentres que as festas se celebraron os días 23 e 24 do mesmo mes.
Ademais, no escrito que Roberto Vázquez dirixe á presidenta da “Asociación Cultural Xosefina Figueroa” asegura que paralizará subvencións concedidas por outras administracións. O BNG rexeita estas ameazas e considera que esta forma de actuar resulta despótica, caciquil e irracional.
Deberían retirárselle subvencións ao Concello de Portas se algún vándalo coloca unha bandeira calquera na Casa do Concello?
Escrito do Alcalde á Presidenta da Asoc. Cult. Xosefina Figueroa Pinchar para ampliar |
Ningún comentario:
Publicar un comentario