Portas conta xa coa triste honra de ter un alcalde condeado por fraude fiscal e falsidade documental. Certo que xa se sabía que era un defraudador, mesmo antes que el mesmo o recoñecese, pero a súa condea efectiva é un feito gravísimo que merece a reprobación de toda a Corporación Municipal de Portas.
O BNG é consciente que Roberto Vázquez contou e conta co apoio do PP e do seu Presidente Provincial. Non en vano Roberto Vázquez encabezou a candidatura desta forza política nas últimas municipais, cando xa se coñecía a súa faceta delitiva.
Diante desta situación, o Grupo Municipal do BNG vén de solicitar a convocatoria dun Pleno Extraordinario con dous puntos na orde do día:
1) A reprobación do Alcalde, condeado por fraude fiscal e falsidade documental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario