30 de dec. de 2013
Pleno Extraordinario
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
23 de dec. de 2013
Pleno ordinario
O venres 27 de decembro de 2013 ás 14:50h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Expediente recoñecemento extraxudicial de crédito.
3. Alegación contra a aprobación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de resíduos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos.
4. Aprobación definitiva ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de resíduos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos, se procede.
5. Informes da Alcaldía.
6. Coñecemento resolucións da Alcaldía.
7. Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
18 de dec. de 2013
Pleno Extraordinario para analizar o PXOM de Portas
Publicado por BNG Portas ás 18:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
16 de dec. de 2013
Alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal
- Proceso de elaboración do PXOM: non houbo ningún tipo de participación veciñal no proceso de redacción e tramitación do PXOM e hai unha cantidade desproporcionada de erros na cartografía, o parcelario e a propia redacción da documentación, o cal se debe en gran parte á ausencia de participación dos veciños que terían evitado e corrixido moitos dos erros que agora invalidan un documento impropio dun traballo que se supón técnico. Na alegación solicítase corrixir a cartografía, o parcelario, o catálogo de patrimonio e os documentos integrantes do PXOM, así como a eliminación de falsidades e opinións interesadas ou tendenciosas.
- Núcleos rurais: o concello de Portas é totalmente rural (o único ascensor que existe no concello está nun miradoiro nunha cheminea) e en lugar de potenciar os núcleos rurais que é a forma de asentamento propia do concello, forzan a súa redución para concentrar a edificabilidade na zona da Estación-Azucreira. Solicítase potenciar os núcleos rurais, considerar distintos tamaños de parcela mínima en función do núcleo a considerar e aumentar a edificabilidade mentras o permitan os límites legais de consolidación, que están moi lexos de ser acadados.
- Zona urbana: o PXOM pretende crear artificialmente unha zona urbana e urbanizable, a costa da terra e os cartos dos propietarios, e en prexuizo do resto do concello ao reducirse a edificabilidade nos núcleos. Fundamentalmente, solicítase transformar o solo urbanizable da Estación en núcleo rural común.
- Polígonos industriais: o PXOM pretende crear dous polígonos industriais que o BNG entende están situados en lugares inadecuados. Solicítase eliminar os dous polígonos industriais.
Publicado por BNG Portas ás 18:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
12 de dec. de 2013
Alegacións conta a aprobación provisional da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos, Tratamento e Eliminación dos mesmos
O grupo municipal do BNG de Portas presentou hoxe, 12 de decembro, no rexistro do concello alegacións en contra da aprobación provisional da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos, Tratamento e Eliminación dos mesmos.
- A taxa para as vivendas é indiscriminada sen atender á capacidade económica das familias.
- Os prezos son moi superiores aos de concellos limítrofes e cun servizo de peor calidade.
- O prezo para as vivendas non se axusta ao servizo prestado en comparación con calquera dos concellos da comarca polo que debe reducirse considerablemente.
- O único lixo que se pode depositar nos colectores municipais son residuos domésticos ou asimilables (residuos sólidos urbanos). As actividades económicas que produzan residuos que non sexan asimilables aos domésticos teñen a obriga legal de contratar os servizos de empresas especializadas para o tratamento e retirada dos mesmos. O concello non pode cobrar unha taxa municipal por un servizo que non presta (recollida de residuos industriais, residuos perigosos, aceites usados, pilas, pinturas, …). Os prezos propostos na Ordenanza non se xustifican pola recollida e tratamento de residuos domésticos, que son os únicos que se poden depositar nos colectores municipais. Os prezos aplicables a actividades económicas deben reducirse a valores moi inferiores.
- Segundo informou o señor Alcalde no Pleno do pasado 25 de outubro, a pretensión inicial do grupo de goberno era baixar as taxas nunha porcentaxe maior respecto dos prezos en vigor, pero que non se puido levar a cabo debido ao anuncio de incremento nun 34% no prezo dos servizos prestados por Sogama. Dado que este incremento se aprazou ata marzo ou abril de 2014, o mantemento dos prezos de Sogama debe repercutir á baixa nos prezos da taxa municipal
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
4 de dec. de 2013
Convocatoria da asemblea local de Portas
O sábado 7 de decembro ás 20:00 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria de Portas.
Asuntos a tratar:
- Alegacións ao PXOM.
- Medidas a adoptar polo grupo en contra do PXOM.
- Alegacións contra a Ordenanza de recollida e tratamento do lixo.
- Comedor escolar.
- Outros.
Rógase asistencia e puntualidade.
Como sempre, están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.
Lembramos que temos á venta lotería de nadal.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas