O BNG solicitará paralizar a tramitación do PXOM
O grupo
municipal do BNG de Portas ven de presentar no rexistro do concello a
solicitude dunha reunión extraordinaria do pleno da corporación para analizar
en profundidade o proceso de tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Nos case cinco
anos que o equipo redactor leva traballando no PXOM dende que se asinara o
contrato en marzo de 2009 non houbo ningún tipo de participación da cidadanía
na redacción do PXOM. A pesares das múltiples promesas do grupo de goberno
(ex-PP), nin houbo reunións cos veciños nin coa oposición.
As
consecuencias son un documento totalmente afastado das necesidades e intereses
dos veciños e veciñas, ademais de estar repleto de erros e deficiencias. O
cúmulo de erros é tan grande que xa sería motivo máis que suficiente para
invalidar un documento técnico de tanta importancia na vida da xente.
O BNG solicitará no Pleno Extraordinario a paralización
da tramitación do PXOM, a retirada do documento aprobado inicialmente e
proceder a iniciar un proceso de participación real da cidadanía que permita
definir o modelo de crecemento que realmente queren e precisan os veciños e
veciñas de Portas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario