O sábado 21 de novembro de 2015 ás 16:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello solicitado polo BNG-Asembleas Abertas coa seguinte orde do día:
- Situación do concello no inicio da actual lexislatura.
- Contra da colaboración do concello en espectáculos sexistas.
- Local de reunión para os grupos políticos na casa do concello.
- Ubicación do grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas na esquerda do salón de plenos.
- Construción dunha pista multideporte en Briallos.
- Marcha estatal contra as violencias machistas de 7 de novembro de 2015.
- Sorteo mesas electorais - Eleccións xerais 2015.
Trataranse as mocións que presentamos en tempo e forma para o pleno ordinario do 30 de outubro pero que o goberno municipal decidira unilateralmente non incluír na orde do día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario