O sábado 26 de decembro de 2015 ás 19:30 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación actas sesións anteriores.
- Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
- Recoñecemento extraxudicial de créditos nº 2/2015.
- Acordo de gastos.
- Coñecemento resolucións da alcaldía.
- Rogos e preguntas.
Novamente non se tivo en conta a opinión do BNG-Asembleas Abertas para a concreción da orde do día e os temas que se deberían tratar neste pleno ordinario. O alcalde, en minoría, segue impoñendo a súa vontade sen diálogo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario