BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DETECTA IRREGULARIDADES NA EXPOSICIÓN PÚBLICA DO
PROXECTO DE REDE DE CAMIÑOS DA PARCELARIA DE ROMAI
O
BNG-Asembleas Abertas detectou graves irregularidades na documentación que se
atopa actualmente exposta do proxecto de rede de camiños da concentración
parcelaria da parroquia de Romai, polo que presentará alegacións para esixir a apertura
dun novo período de exposición pública despois da corrección dos erros existentes.
A
día de hoxe, venres 7 de outubro, os planos que se atopan expostos na casa do
concello (só en versión electrónica, en pdf), están cortados e incompletos e a
documentación da ligazón web á que remiten os carteis anunciadores non contén
os planos do proxecto, polo que os veciños e veciñas interesados non poden
coñecer o seu contido.
A
isto engádese que os carteis colocados polo concello (imaxe máis abaixo)
avisando da exposición do proxecto non indican a data a partir da cal comeza a
contar o período dun mes de exposición pública para presentar alegacións, causando
novamente indefensión nos interesados.
O goberno municipal, ocupado en organizar festas, nin
convoca plenos ordinarios dende hai máis de tres meses nin se preocupa dun
asunto tan importante como unha parcelaria. O BNG-Asembleas Abertas demanda a celebración
de reunións informativas sobre a parcelaria de Romai para responder as dúbidas
veciñais sobre un asunto que lles vai afectar fondamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario