O venres 23 de decembro de 2016 ás 19:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de 28/10/2016.
- Adhesión ao servizo de cesión de datos para as administracións públicas da tesourería xeral da seguridade social.
- Reclamación en materia de cantidade (indemnización de responsabilidade civil derivada de accidente de traballo) de Mónica Ferro Goldar.
- Delegación na Deputación Provincial de Pontevedra - ORAL, das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión relativo ao imposto sobre vehículos de tracción mecánica (alta ITVM).
- Aprobación e establecemento de ordenanza fiscal reguladora prezo público por actividades culturais.
- Mocións.
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre xustificación do emprego de procedementos negociados sen publicidade.
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre remisión de Decretos da Alcaldía á Oposición no prazo de 10 días dende a súa sinatura.
- Dación de conta dos Decretos e Resolucións de Alcaldía.
- Informes da Presidencia.
- Rogos e preguntas.