O venres 1 de setembro de 2017 ás 20:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria do 30/06/2017.
- Recurso de impugnación do grupo BNG-AA de Portas contra o acordo do pleno do concello de data 30/06/2017, sobre declaración de urxencia da inclusión na orde do día dun punto sobre a concentración parcelaria de Briallos.
- Ratificación da resolución da alcaldía referente aos programas integrados de emprego "Máis Emprego II".
- Ratificación da resolución da alcaldía referente ao proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local 2017-2019.
- Festivos locais 2018.
- Nomeamento xuíz de paz titular e substituto.
- Moción presentada polo grupo municipal BNG-Asembleas Abertas pola biodiversidade fronte á eucaliptización.
- Moción presentada polo grupo municipal BNG-Asembleas Abertas en demanda da cobertura das baixas e vacacións do persoal sanitario do centro de saúde de Portas.
- Dación de conta dos decretos e resolucións da alcaldía.
- Informes da presidencia.
- Plan Concellos 2017 - Solicitudes e resolucións.
- Informe período medio de pago 2T - 2017.
- Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario