O Partido Popular quere deixar todo atado e ben atado
En outubro de 2017 o goberno do Partido Popular do concello de Portas privatizou coa oposición do BNG o servizo de axuda no fogar, servizo que ata entón se prestaba de forma directa polo concello. A adxudicación realizouse cun prezo de contrato de 146.782,48 euros e unha duración de 24 meses.
O 15 de abril deste ano, a un mes das eleccións municipais, o concello de Portas mediante resolución de alcaldía iniciou o expediente para renovar a contratación do servizo de axuda no fogar por un período de 24 meses e un orzamento base de licitación de 355.260,67 euros, que é máis do dobre que o contrato actual.

Este inicio de expediente realízase a sabendas de que todos os
partidos da oposición se comprometeron na presente campaña electoral a
remunicipalizar o servizo se chegaban ao goberno. Ademais, o expediente
iníciase sen someter á aprobación do Pleno da Corporación, órgano de máxima
representación dos veciños e veciñas que o alcalde mantén secuestrado e que non
se reúne en sesión ordinaria dende xuño de 2018.
O Partido Popular non confía en revalidar a alcaldía o próximo
domingo e pretende deixar todo atado e ben atado.
O BNG esixe a paralización
do expediente de contratación do servizo de axuda no fogar e denuncia o
secuestro das institucións municipais por parte do Partido Popular e o seu uso partidista.
Resolución de Alcaldía de 15 de abril de 2019:
Resolución de Alcaldía de 9 de outubro de 2017:
Ningún comentario:
Publicar un comentario