MESTRADO ACELERADO DE COMO COBRAR TRES DIETAS EN 20 MINUTOS!!!
O venres 18 de outubro de 2019 ás 21:00 h. celebrarase unha reunión da Comisión Especial de Contas, ás 21:10 h. unha reunión da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente, e ás 21:20 h. un pleno extraordinario na Casa do Concello coas seguintes ordes do día:
Comisión Especial de Contas
- Constitución da Comisión.
- Expediente 455/2019. Establecemento sistema retributivo para o persoal laboral.
- Expediente 439/2019. Modificación de Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por recollida de lixos.
- Rogos e preguntas.
Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 19-07-2019.
- Expediente 387/2018. Investigación titularidade camiño sito no lugar de Casal, parroquia de Lantaño.
- Expediente 469/2019. Solicitude de subvención ao Instituto para a Diversificación da Enerxía (IDAE) ao amparo do Real Decreto 316/2019, de 26 de abril, do Ministerio Para a Transición Ecolóxica do Programa FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
- Expediente 86/2018. Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Portas.
- Rogos e preguntas.
Pleno Extraordinario
- Sorteo mesas electorais para Eleccións Xerais novembro 2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario