Hoxe ás 20:30 h na Rapeira: Concentración contra o peche da oficina de Abanca de Portas
Comezaron arruinando as Caixas galegas.
Continuaron cunha nefasta fusión.
Logo tiveron que rescatar o banco resultante con 9000 millóns PÚBLICOS.
Remataron privatizando Abanca e regalándolla a prezo de saldo aos seus amigotes.
Abanca con multimillonarios beneficios todos os anos, recorta persoal, reduce horarios, impón comisións abusivas e pecha oficinas. Mentres a Xunta premia a este banco privado cunha Universidade Privada ou 2,8 millóns para sustituír oficinas por caixeiros automáticos.
A xestión do PP de Feixóo é unha ruína para rural galego.
POLO FUTURO DE PORTAS, ACUDE HOXE Á CONCENTRACIÓN CONTRA O PECHE DA OFICINA DE ABANCA EN PORTAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario