O venres 25 de outubro ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior PLN/2024/8 do 27/09/2024.
- Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior PLN/2024/7 de 26/07/2024.
- Expediente 602/2024. Modificación de crédito 12/24 na modalidade de CRÉDITO EXTRAORDINARIO 02/24.
- Expediente 603/2024. Modificación de crédito nº 13/24_Transferencia de crédito 02/24 entre aplicación pertencentes a diferentes áreas de gasto.
- Expediente 120/2024. ADQUISICIÓN DIRECTA do ben inmoble no lugar de Azucreira (Lg A Estación) con referencia catastral 36040A00200038, correspondente á finca rexistral número 8434.
- Expediente 269/2024. Selección Xuíz de Paz do Concello de Portas.
- Moción do Grupo Municipal do PSdG no concello de Portas en relación á suba do canon de Sogama.
- Dación conta dos Decretos da Alcaldía do nº 2024-0235 de 22/07/2024 ao nº 2024-0333 de 21/10/2024.
- Dación conta da execución trimestral do orzamento correspondente ao 2º trimestre 2024 e Período Medio de Pago 2º trimestre 2024.
- Dación conta da execución trimestral do orzamento correspondente ao 3º trimestre 2024 e Período Medio de Pago 3º trimestre 2024.
- Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario