O luns 4 de agosto ás 9:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria PLN/2025/02 do 11/04/2025.
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria PLN/2025/3 do 18/06/2025.
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria PLN/2025/4 do 24/06/2025.
- Expediente 436/2025. Festivos locais 2026.
- Expediente 485/2025. Adhesión ao programa da reciclaxe a través das plantas de compostaxe promovidas pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA).
- Moción do Grupo Municipal Socialista para instar á Xunta de Galicia á aceptación do Plan de Vivenda Estatal promovida polo Goberno de España e apostar por un novo Plan Galego de vivenda pública.
- Dación conta dos Decretos da Alcaldía do nº 2025-0121 de 08/04/2025 ao nº 2025-0251 de 28/07/2025.
- Dación conta da execución trimestral do orzamento correspondente ao 1º trimestre 2025 e Período Medio de Pago 1º trimestre 2025.
- Dación conta da execución trimestral do orzamento correspondente ao 2º trimestre 2025 e Período Medio de Pago 2º trimestre 2025.
- Rogos e preguntas.



Ningún comentario:
Publicar un comentario