O grupo municipal do BNG de Portas ven de presentar no rexistro do concello unha moción para solicitar a derrogación do Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos.
O texto da moción é o seguinte:
"MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE
NACIONALISTA GALEGO DE PORTAS SOBRE O DECRETO DE COMEDORES.
Conforme ao previsto no Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo
Municipal do Bloque Nacionalista Galego do
Concello de Portas desexa someter á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN,
en base a seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Co Decreto do 1 de agosto do 2013, o goberno da Xunta de
Galiza deu a coñecer un novo recorte no dereito á educación dos galegos e
galegas cunha medida que afecta directamente ao alumnado do noso concello e do
resto do rural galego. O goberno do PP
establece a ampliación dunha forma abusiva do copago do servizo de
comedor escolar. Un servizo ao que, cun custo reducido, os nenos e nenas de
Portas que viven a máis de 2 Km do colexio teñen dereito por seren usuarios do
transporte escolar, servizo que, a cambio, no remate das clases ao mediodía non
se lles proporciona.
Porén, co novo decreto, se lles retira aos nenos e nenas
de Portas ese dereito a un custo reducido e se lles nega asemade a posibilidade
de seren transportados no remate das clases da mañá. Sufrindo sí unha grave
discriminación con respecto aos nenos e nenas das cidades galegas, que poden
elixir entre transporte e comedor.
Esta decisión , así mesmo, carga sobre as precarias
economías das familias a obriga de facer fronte ao pago dunha parte importante
deste servizo. Un servizo necesario para
garantir un dereito fundamental como é o Dereito á Educación que, con esta
imposición do goberno de Núñez Feijoo, vén a deteriorar o ensino público no que
respecta ao servizo de comedores escolares.
Esta actuación do actual goberno da Xunta de Galiza
evidencia a súa despreocupación polo ensino público, provocando o seu deterioro
polos sucesivos recortes dos últimos anos: recortes no número de profesores e
profesoras; recortes nos orzamentos dos centros; recortes nas axudas para libros, nas axudas
para bibliotecas, atrasos nas transferencias económicas para comedores
escolares, recorte no servizo de comedores, empeoramento das condicións
socio-laborais do profesorado, recortes nos servizos de normalización
lingüística e unha longa cadea de despropósitos que deterioran un servizo
público básico da sociedade.
Pola contra, todos estes recortes no ensino público
contrastan cos 240 millóns de subvención ao ensino concertado, cos 3 millóns de
euros de subvención para centros que segregan ao alumnado por razón de xénero e
que o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarou ilegal.
Polo exposto, o Grupo Municipal do Bloque
Nacionalista Galego somete á consideración do Pleno esta MOCIÓN, para
que este adopte o seguinte ACORDO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario