Hoxe presentamos no rexistro do concello a seguinte moción apoiada por:
- Colectivo pola defensa do patrimonio A Forneiriña.
- Colectivo pola defensa do territorio AnovaTerra.
- Asociación Irmandade Illa de Tambo.
- Asociación Umia Vivo.
De acordo e ao amparo do previsto no art. 46 da lei 7/SS de 2 de abril, regulado nas Bases de Réxime Local e no Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime
Xurídico das Entidades Locais,
D. María
Teresa Rivas Buceta
concelleira do grupo BNG-Asembleas
Abertas somete a consideración do pleno da corporación a seguinte moción:
MOCIÓN POLA BIODIVERSIDADE FRONTE A EUCALIPTIZACIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Co Real Decreto 630/2013
de 2 de agosto entra en vigor o Catálogo Español de Especies Exóticas
e Invasoras, co obxecto de reforzar a protección do medio ambiente
e a biodiversidade. O problema
causado por esas especies foi considerado prioritario dentro da Estratexia da Biodiversidade da Unión Europea para o ano 2020, aprobando o Regulamento 2016/1141 sobre especies
exóticas e invasoras.
Dende
os anos 60, Galiza, Asturias, norte e centro de Portugal e sur-oeste de Andalucía foron territorios repoboados coa especie exótica eucalipto,
para abastecer as fábricas de pasta de papel con esta madeira.
O que nun principio pareceu que se trataba de dispor dun número determinado de hectáreas desa especie, co paso do tempo
foi
incrementándose exponencialmente. Dende as 130.000 ha do ano 1973, segundo
o primeiro inventario forestal do estado
(IFN), en 2016 chega a ocupar
na Galiza máis de 400.000 ha entre masas puras e mixtas (con outras especies), o que representa practicamente a
quinta parte do monte galego.
É dicir, os eucaliptais medraron en superficie un 300% en 43 anos.
Dito incremento asóciase a varias causas. Aparte das repoboacións voluntarias apoiadas
e subvencionadas dende a
administración como único cultivo forestal alternativo, destaca o avance descontrolado cara a terras abandonadas por espallamento da semente, agravado
polos incendios forestais, cando se dan as mellores condicións de propagación pola velocidade do lume e o lanzamento de muxicas (poden
chegar a máis dun km, cos conseguintes riscos para a poboación
do entorno).
Nos últimos
40 anos, a superficie invadida
pola semente de eucalipto só a consecuencia dos lumes forestais
estímase en máis de 25.000 ha, aumentando o avance descontrolado desta especie. Ademais,
os eucaliptais convértense en terreos con escasa biodiversidade, debido aos aceites
esenciais das follas, que forman ao caer unha capa sobre o chan cunha baixa taxa de descomposición. Por outra banda, as raíces procuran humidade
e auga chegando a percorrer máis de 50 m en eucaliptos de 25 m de altura,
penetrando en depósitos e mananciais, e creando unha maraña superficial que impide a filtración das augas cara aos acuíferos.
Dende o punto de vista económico, cómpre engadir que moitos dos eucaliptais que pasaron dos tres aproveitamentos (tres cortas), pola perda de rendibilidade para o propietario quedan totalmente
descoidados, con proliferación de abrochos
de cepa, xerando
espazos impenetrables de varas carentes de valor económico
que fican nese estado ata que volven ser pasto do lume, incrementado a superficie de áreas degradadas. Na actualidade, aproximadamente
175.000 ha con eucaliptos están nesta situación.
O Plan Forestal de Galiza de 1992 , aprobado por unanimidade no Parlamento
Galego para un período de 40 anos, que contemplaba poñer freo ás repoboacións de eucalipto,
resultou un auténtico fracaso. Partía das referencias do Inventario Forestal Nacional (IFN) do ano 1986, onde
os
eucaliptais
ocupaban
220.000 ha (a proliferación xa era notoria dende o inventario anterior). Analizando a secuencia evolutiva
dos eucaliptais entre masas puras e mixtas
na Galiza:
1973: I Inventario Forestal Nacional: 131.800 hectáreas.
1986: II
Inventario Forestal Nacional: 220.000 hectáreas.
1998:
III
Inventario Forestal Nacional: 350.000
hectáreas.
201 6: Máis de 400.000
ha.
Evidénciase que no período
de control previsto no Plan Forestal
de Galiza, só entre 1992 (ano da súa publicación) e 1998, a superficie de eucalipto aumenta en 60.000 hectáreas; é dicir, en seis anos excédense as previsións totais
do plan de 40 anos.
Asemade, a proliferación do eucalipto ven acompañada de pragas e enfermidades, (algunhas foráneas, que chegaron coa
importación de madeira desa especie), insectos como a Phoracantha
semipunctata, o Conipterus scutellatus (gorgullo do eucalipto)
e fungos. lsto leva aos produtores e ás empresas pasteiras a aplicar insecticidas e funxicidas de forma extensiva e intensiva,
con grande contestación
social por empregar glifosato (de efectos nocivos para a saúde animal)
para diminuír a carga do sotobosque,
flufenoxurón (co nome comercial de "Cascade",
altamente perigoso) para combater o gorgullo, e a loita biolóxica coa solta de avispillas Anaphens
nitens, insecto foráneo.
A FAO tense pronunciado sobre as plantacións de eucaliptais novos (12-15 anos), que son os que chegan
á quenda de corta ideal das fábricas
de pasta de papel. Segundo a FAO, estas especies
de medra rápida
"non regulan tan ben o caudal hídrico coma os bosques naturais, as fortes e longas raíces
superficiais fan que compitan coa vexetación rasante e cos cultivos veciños
cando a auga escasea. Os eucaliptos non dan bos resultados
para conter a erosión en condicións de seca, rematan
coa vexetación rasante
absorbendo a auga coas súas raíces. A tala continuada de eucaliptos a matarrasa (único
método de tala utilizado), orixina
un rápido esgotamento dos nutrientes do solo e impide o desenvolvemento de prantas-herbas de ciclo anual. Os eucaliptos desprazan os ecosistemas anteriores, apenas se constata
a existencia de fauna, e reducen a biodiversidade".
Se analizamos
a aplicación do Convenio Europeo da Paisaxe,
Florencia 2000, que entrou en vigor no
Estado
en
2008,
adaptado
na
Galiza
coa
Lei 07/2008 de Protección da Paisaxe de Galiza, e a Directiva Europea 2014/52/UE que avalía os proxectos públicos e privados
sobre o medio ambiente, sendo de aplicación as repoboacións
e intervencións nos montes,
pode comprobarse que
as administracións responsables fan caso omiso
das recomendacións. É evidente o impacto que as repoboacións con eucaliptos e o seu espallamento tiveron, teñen e terán sobre o territorio galego de non modificarse as condicións actuais, nas que se ignoran
os aspectos recollidos nas directivas europeas
e na lexislación estatal e autonómica en materia de protección da paisaxe, e que dan como resultado centos
de hectáreas continuadas, moitas
delas afectadas por pragas, producindo anormalidades ambientais como a diminución dos caudais de pozos e mananciais, solos sen biodiversidade, carencia
de fauna, contaminación por tratamentos químicos, etc.
Polo tanto, existen motivacións suficientes para que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño proceda
á inclusión do eucalipto como especie exótica e invasora no Catálogo de Especies Exóticas
e Invasoras do Estado Español, e de non ser así, que o Parlamento do estado español
se pronuncie sobre o asunto.
Ademais, proponse a adopción das medidas inmediatas URXENTES que se enumeran
a continuación, mentres
non se elabore unha nova normativa reguladora
que as inclúa na Lei de Montes.
Por todo o
exposto, proponse ao Pleno do Concello a adopción
do seguinte
ACORDO
Primeiro.- Aprobar a declaración do Concello de Portas: "Menos eucalipto e máis biodiversidade" nos seguintes
termos: Co fin de frear o esgotamento e desertización do solo e a ameaza ecolóxica que a especie exótica do eucalipto supón para os nosos ecosistemas, o Concello de Portas declárase a prol da biodiversidade, do mantemento, conservación e recuperación sostible da flora e a fauna
autóctona da nosa terra.
Segundo.- Solicitar do Ministerio
de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a inscrición do eucalipto
no Catálogo de Especies Exóticas
e Invasoras do estado
español.
Terceiro.- Coa inclusión no Catálogo de Especies Exóticas
e Invasoras, e tendo en conta o impacto que podería ter tal resolución sobre algúns propietarios de montes, mentres non se elabore
unha normativa para regular a superficie ocupada polo eucalipto adoptaranse as seguintes medidas
de carácter urxente, mediante normativa vinculante para as comunidades autónomas:
- Paralización de novas plantacións de eucalipto.
- Eliminación desta especie dos espazos sensibles
(os incluídos na Lei de Espazos Naturais e Rede Natura).
- Eliminación do eucalipto
nun prazo de cinco anos das terras
agrarias ocupadas dende o I Inventario Forestal Español,
como primeiro paso na recuperación destes terreos.
- Eliminación desta especie nun radio de 100 m dos mananciais e marxes de regatos e ríos nun prazo de cinco anos.
- Ruptura da continuidade das masas forestais
de eucalipto en montes veciñais
en man común cada cinco hectáreas, con distancias mínimas
de separación entre masas de 100 metros sen esa especie, e en terreos
privados particulares cunha separación de 25 metros cada 0, 5 hectáreas ocupadas
por eucaliptos.
- Separación de 200 metros de calquera
ben inmoble, dos pastos e das zonas agrarias.
- Instar ás administracións a que se doten de orzamento destinado
a conceder axudas para o cumprimento destas medidas.
Cuarto.- Trasladar este acordo á Consellería de Medio Ambiente, á Consellaría de Medio Rural, ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, e ao Parlamento Europeo co obxecto de que esta especie se inclúa tamén dentro do Catálogo Europeo de Especies Exóticas e Invasoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario