O venres 26 de abril ás 21:00 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Expediente 245/2024. Ordenanza fiscal reguladora do prezo público por actividades sociais organizadas polo Concello de Portas.
- Expediente 108/2024. Aprobación do Orzamento para o exercicio 2024.
- Expediente 238/2024. Ordenanza fiscal reguladora da taxa por entra de vehículos a través de beirarrúas ou de calquera outro espazo de dominio público local e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
- Expediente 235/2024. Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/24.
- Expediente 250/2024. Plan estratéxico de subvencións do Concello de Portas para o período 2024-2026.
- Expediente 166/2024. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixos.
- Expediente 242/2024. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de bens inmobles.
- Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario