O venres 3 de maio ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria PLN/2024/2 do 26/01/2024.
- Aprobación da acta da sesión anterior PLN/2024/3 do 11/03/2024.
- Expediente 245/2024. Ordenanza fiscal reguladora do prezo público por actividades sociais organizadas polo Concello de Portas.
- Expediente 108/2024. Aprobación do Orzamento para o exercicio 2024.
- Expediente 250/2024. Plan estratéxico de subvencións do Concello de Portas para o 2024-2026.
- Expediente 238/2024. Ordenanza fiscal reguladora da entrada de vehículos e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
- Expediente 242/2024. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de bens inmobles.
- Expediente 235/2024. Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/24.
- Expediente 166/2024. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixos.
- Proposta de Resolución: Moción do BNG para a solicitude de clasificación como Travesía do tramo provisto de beirarrúas na N-550 ao seu paso por Briallos.
- Moción da CIG na Campaña STOP precariedade, traballo digno.
- Dación conta dos Decretos da Alcaldía do nº 2024-0010 de 23/01/2024 ao nº 2024-0137 de 26/04/2024.
- Dación conta Plan +Provincia 2024.
- Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario