- Aprobación da acta da sesión ordinaria de 28/10/2016.
- Adhesión ao servizo de cesión de datos para as administracións públicas da tesourería xeral da seguridade social.
- Reclamación en materia de cantidade (indemnización de responsabilidade civil derivada de accidente de traballo) de Mónica Ferro Goldar.
- Delegación na Deputación Provincial de Pontevedra - ORAL, das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión relativo ao imposto sobre vehículos de tracción mecánica (alta ITVM).
- Aprobación e establecemento de ordenanza fiscal reguladora prezo público por actividades culturais.
- Mocións.
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre xustificación do emprego de procedementos negociados sen publicidade.
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre remisión de Decretos da Alcaldía á Oposición no prazo de 10 días dende a súa sinatura.
- Dación de conta dos Decretos e Resolucións de Alcaldía.
- Informes da Presidencia.
- Rogos e preguntas.
20 de dec. de 2016
Pleno Extraordinario
Publicado por BNG Portas ás 16:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
16 de dec. de 2016
Moción para xustificación do emprego de procedementos negociados sen publicidade
Publicado por BNG Portas ás 21:05 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
Moción para remisión dos Decretos da Alcaldía á oposición no prazo de 10 días dende a súa sinatura
Publicado por BNG Portas ás 21:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
15 de dec. de 2016
O pavillón de Romai: expoñente da incompetencia do goberno municipal
Este problema foi creado por Estévez, Vázquez e Louzán que coas présas electorais recepcionaron unhas obras mal executadas e agora un incompetente goberno municipal é incapaz de poñerlle solución.
Publicado por BNG Portas ás 22:49 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
14 de dec. de 2016
Convocatoria ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno
- Aprobación acta da sesión ordinaria do 21/10/2016.
- Adhesión ao servizo de cesión de datos para as administracións públicas da tesourería xeral da seguridade social.
- Informe reclamación en materia de cantidade (indemnización de responsabilidade civil derivada de accidente de traballo) de Mónica Ferro Folgar.
- Delegación na Deputación Provincial de Pontevedra - ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión relativos ao imposto sobre vehículos de tracción mecánica (alta IVTM).
- Aprobación e establecemento e ordenanza fiscal reguladora prezo público por actividades culturais e artísticas.
- Rolda de intervencións.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
2 de dec. de 2016
Novo Boletín Informativo - Decembro 2016
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
29 de nov. de 2016
O concello de Portas adxudica "sen publicidade" un contrato de 35.605,90€ á empresa do secretario de organización do PP de Portas
Antes de iniciarse o procedemento negociado para a adxudicación do contrato de 35.600 euros o BNG-Asembleas Abertas solicitou en Pleno (xuño de 2016) que o método de adxudicación fose aberto, ou no seu defecto que fose negociado con publicidade, de modo que calquera empresa puidese presentar oferta libremente. O PP negouse.
As características técnicas esixidas para a maquinaria a subministrar, detalladas no prego de prescricións técnicas, coinciden con extrema puntualidade coas características técnicas de máquinas específicas do catálogo dunha marca concreta.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
21 de nov. de 2016
Lotaría do nadal 2016-2017
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
14 de nov. de 2016
O BNG-Asembleas Abertas presenta alegacións ao "Proxecto de rede principal de camiños adaptados á lei METAGA na parroquia de Romai" (Parcelaria de Romai)
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
8 de nov. de 2016
Convocatoria da asemblea aberta de Portas
O venres 11 de novembro ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:
- Estratexia de traballo municipal.
- Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
4 de nov. de 2016
O Concello de Portas aproba unha convocatoria de subvencións para asociacións cunhas bases imposibles de cumprir
DESPOIS DE ANO E MEDIO DE LEXISLATURA O GOBERNO MUNICIPAL SEGUE IMPROVISANDO EN CADA ACTUACIÓN
Tendo en conta o prazo adicional de 10 días contemplado para emendar anomalías nas solicitudes, a tramitación dos expedientes por parte dos técnicos municipais, a resolución da alcaldía, a comunicación de acordo de concesión e un prazo de 7 días para a aceptación, non quedará tempo físico para realizar as actividades e presentar toda a documentación de xustificación antes do 15 de decembro.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
25 de out. de 2016
Pleno Ordinario
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de 23/06/2016.
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria de 07/07/2016.
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria de 29/08/2016.
- Adhesión ao convenio subscrito entre axencia estatal de administración tributaria e a federación española de municipios e provincias en materia de subministro de carácter tributario.
- Mocións:
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre Corrección das Bases Reguladoras do procedemento de concesión de axudas municipais ao apoio ao estudo para o curso 2016-2017 para familias con dificultades económicas.
- Dación de conta dos Decretos e Resolucións de Alcaldía.
- Informes da Presidencia.
- Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
18 de out. de 2016
Convocatoria ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno
O venres 22 de outubro de 2016 ás 20:30 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación acta da sesión ordinaria do 17/06/2016.
- Adhesión ao convenio subscrito entre Axencia estatal de administración tributaria e a Federación española de municipios e provincias en materia de subministro de carácter tributario.
- Mocións:
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre Corrección das bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas municipais ao apoio ao estudo para o curso 2016-2017 para familias con dificultades económicas.
- Rolda de intervencións.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
11 de out. de 2016
Medio Rural rectifica e abre un novo período de exposición pública despois da denuncia de BNG-Asembleas Abertas
O BNG-Asembleas Abertas felicítase pola rectificación da consellería de Medio Rural e a apertura dun novo período de exposición pública, sen embargo, ten que denunciar que a documentación da ligazón web á que remite o escrito segue sorprendentemente sen incluír os planos do proxecto a pesares de indicarse expresamente “engádense os planos do proxecto ausentes na publicación do 09/09/2016”.
Publicado por BNG Portas ás 18:40 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
7 de out. de 2016
BNG-Asembleas Abertas esixe abrir un novo período de exposición pública e reunións informativas cos veciños
Publicado por BNG Portas ás 18:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
30 de set. de 2016
Sen Pleno ordinario en Portas dende hai tres meses
Publicado por BNG Portas ás 13:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
8 de set. de 2016
Novo Boletín Informativo - Setembro 2016
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
31 de ago. de 2016
Moción para corrección das "Axudas municipais de apoio ao estudo 2016-2017"
BOP do 4 de agosto: http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2016/08/04/2016030690
Texto íntegro das Bases: http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/313811
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
24 de ago. de 2016
Pleno Extraordinario
- Conta Xeral 2015.
- Festivos Locais 2017.
- Formación mesas electorais - Sorteo Eleccións Autonómicas 2016.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
20 de ago. de 2016
VI Comida-Xuntanza na Praia Fluvial de Lantaño - DATA ACTUALIZADA
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
15 de ago. de 2016
Convocatoria da asemblea aberta de Portas
O venres 19 de agosto ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai.
Asuntos a tratar:
- Aprobación novo boletín informativo.
- VI Comida-Xuntanza.
- Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
7 de xul. de 2016
Valoración do Pleno Extraordinario de 7 de xullo de 2016 - Orzamento Municipal 2016
- O grupo de goberno aprobou os Orzamentos de 2016 con 8 votos a favor (4 PP + 4 VUP) e 1 en contra (BNG-Asembleas Abertas). PP e VUP xa non ocultan a súa afinidade total.
- Dous concelleiros do grupo BNG-AA non puideron asistir por motivos laborais. Un pleno en xoves 7 de xullo ás 12:00 h. non é un horario aceptable para quizais o pleno máis importante do ano. O grupo de goberno incumpre unha vez máis o seu programa electoral poñendo un pleno a un horario incompatible coa participación veciñal e sen publicidade.
- Breve cronoloxía:
- 30 de decembro de 2015: BNG-AA e PP mantemos unha reunión por solicitude do PP para negociar os orzamentos. O PP entréganos borrador de orzamentos.
- 2 de xaneiro de 2016: celebramos Asemblea Aberta onde se acorda por unanimidade negociar os orzamentos e entregar un documento por escrito coas liñas de traballo (ningunha liña vermella) para chegar a un acordo (imaxe adxunta).
- 8 de xaneiro de 2016: BNG-AA e PP mantemos unha segunda reunión onde lle facemos entrega do documento aprobado en asemblea. Nunha primeira letura, o alcalde afirma que están de acordo con todas as liñas de traballo. Nesta reunión comunícasenos a intención de celebrar as Festas da Dona, da Xuventude e do Neno.
- 22 de xuño de 2016: o BNG-AA recibe convocatoria da Comisión Especial de Contas para informar do proxecto de Orzamentos (sustancialmente diferente do borrador presentado en xaneiro). Entre o 8 de xaneiro e o 22 de xuño o PP non se puxo en contacto co BNG-AA.
- 1 de xullo de 2016: BNG-AA e alcalde mantemos unha terceira reunión por solicitude do PP para falar dos orzamentos. O BNG-AA volve a presentar o mesmo documento que o 8 de xaneiro. A reunión remata precipitadamente pola noticia do accidente mortal dun veciño de Portadeconde. Sen embargo, o alcalde volve afirmar que está de acordo con todas as liñas de traballo plantexadas.
- 7 de xullo de 2016: PP e VUP aproban conxuntamente os orzamentos municipais sen ningunha observación de VUP e a única oposición do BNG-Asembleas Abertas.
- O grupo de goberno non estableceu ningún medio de participación veciñal para a elaboración dos orzamentos (incumprimento do programa electoral).
- Os orzamentos non inclúen o acordo plenario UNÁNIME de 21 de novembro de 2015 polo que se debería incluír nos orzamentos do ano 2016 partida suficiente para afrontar a construción dunha "pista multideporte" na parroquia de Briallos durante o ano 2016 (proposta feita polo BNG-AA). O PP incumpre ata as súas propias votacións.
- Mantéñense unhas taxas e impostos desmesurados en comparación cos servizos prestados (incumprimento do programa electoral do PP).
- Aplícase un durísimo catastrazo cunha suba dun 30% na recadación por IBI (imposto de bens inmobles) en plena crise económica.
- Non se atenden as necesidades reais e urxentes dos veciños e veciñas de Portas.
- Superado o ano de lexislatura seguen sen existir unhas bases para o reparto de subvencións de modo que se seguen repartindo por afinidades e a dedo.
- Incúmprense as promesas electorais do PP: máis gasto en festas, cando se comprometeron ao contrario, e nada para bolsas de estudos.
- O PP incumpre o artigo 112.4 da Lei de Bases de Réxime Local ("A aprobación definitiva do Orzamento polo Pleno da Corporación deberá realizarse antes do 31 de decembro do ano anterior ao do exercicio en que deba aplicarse.").
- A situación económica do concello é tan precaria que sen o apoio da Deputación non tería capacidade para executar ningún tipo de gasto en investimentos.
- Ante a imposición duns orzamentos non negociados, sen participación veciñal, que non resolven as necesidades do concello e que non contemplan NINGUNHA das liñas de traballo que plantexamos, o BNG-Asembleas Abertas votou EN CONTRA.
Publicado por BNG Portas ás 22:18 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
4 de xul. de 2016
Pleno Extraordinario
O xoves 7 de xullo de 2016 ás 12:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 30/05/2016.
- Aprobación Orzamento 2016.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
22 de xuño de 2016
Convocatoria extraordinaria da Comisión Informativa Especial de Contas
- Orzamentos 2016.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
20 de xuño de 2016
Pleno Ordinario
O xoves 23 de xuño de 2016 ás 20:30 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de 29/04/2016.
- Adhesión ao Convenio de Colaboración en materia de xestión catastral entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral de Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra.
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre a Limpeza do Lavadoiro de Paraíso en Portas.
- Dación de conta dos Decretos e Resolucións da Alcaldía.
- Informes da Presidencia.
- Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
14 de xuño de 2016
Convocatoria ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno
O venres 17 de xuño de 2016 ás 20:30 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación acta da sesión ordinaria do 22/04/2016.
- Adhesión ao convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral de Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra.
- Mocións:
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre a Limpeza do Lavadoiro de Paraíso en Portas.
- Rolda de intervencións.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
11 de xuño de 2016
Moción para limpeza do lavadoiro de Paraíso en Portas
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
7 de xuño de 2016
Convocatoria extraordinaria da Comisión Informativa Especial de Contas
O xoves 23 de xuño de 2016 ás 20:15 h. celebrarase unha sesión extraordinaria da Comisión Informativa Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Informe Conta Xeral exercicio 2015.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
30 de maio de 2016
Convocatoria da asemblea aberta de Portas
- Balance do primeiro ano de lexislatura.
- Plan de traballo.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
25 de maio de 2016
Pleno Extraordinario
O luns 30 de maio de 2016 ás 20:45 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Formación mesas electorais - Sorteo eleccións xerais 2016
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
3 de maio de 2016
Encontro Aberto
Publicado por BNG Portas ás 13:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
26 de abr. de 2016
Pleno Ordinario
O venres 29 de abril de 2016 ás 20:30 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de 26/02/2016.
- Dación de conta de Decretos e Resolucións da Alcaldía.
- Portal da Transparencia.
- Adhesión á Asociación Grupo do Desenvolvemento Rural do Salnés.
- Mocións:
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre a Reordenación e Recuperación da Bouza do Porto (Briallos).
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre a limpeza e arranxo da Fonte da Margarida en Lantaño.
- Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre a adopción de medidas de conservación, protección e promoción do Petroglifo da Pedra da Grade.
- Outras mocións:
- Moción presentada pola Plataforma Salva o Tren - BNG-Asembleas Abertas.
- Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
22 de abr. de 2016
Moción para reordenación e recuperación da Bouza do Porto
Publicado por BNG Portas ás 13:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
21 de abr. de 2016
Moción para limpeza e arranxo da Fonte da Margarida en Lantaño
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados